Etiquetas

lunes, 11 de junio de 2012

O noso conto

Hai tempo que os alumnos de PROA de 3º e 4º empezaron a traballar co conto "A árbore que non tiña follas" e prometemos mostrarvos o resultado.

Tras ler e traballar o conto decidimos facer a nosa propia versión, para iso traducímolo ao galego e dividímolo en escenas. Cada escena foi escrita por un alumno e os debuxos fixéronos entre todos, elaborando pequenas colaxes con debuxos de distintos alumnos en cada escena. Máis trade gravamos a voz de cada alumno para facer este vídeo montaxe e poder ensinarvos a todos o gran traballo deste grupo. Parabéns!



miércoles, 6 de junio de 2012

Traballamos as culturas

Este é o seguinte traballo en grupo elaborado polos alumnos de PROA: "Traballamos as culturas".

O primeiro que fixemos foi coñecer un pouco distintas culturas de todo o mundo mediante exercicios LIM cos que os alumnos gozaron e aprenderon moito. O seguinte paso foi formar grupos e elixir a cultura sobre a que queriamos traballar. Unha vez decidido, buscaron información en Internet, recompilárona, resumírona e ordenárona para facer uns bonitos murais nos que nos contan, entre outras cousas, cales son as comidas típicas destes países, cales son os costumes de cada cultura ou cal é a vestimenta típica neses lugares.

Os alumnos de 3º e 4º formaron dous grupos e traballaron a Cultura Arxentina e a Cultura Masai, mentres que os de 5º e 6º se decantaron pola Cultura de Uruguai e a Cultura Española. Aquí están os resultados!




 





   


martes, 5 de junio de 2012

Hoxe... unha de personaxes!

Ademais de todas as fichas e exercicios realizados durante o curso, os alumnos de PROA aprenderon a elaborar traballos en grupo. O primeiro que fixeron foi dirixido a un personaxe famoso, de calquera época, elixido por eles mesmos.

Para iso, buscaron a información en internet, seleccionárona, resumírona e ordenárona para formar as distintas partes do traballo: portada, índice, biografía, obra, curiosidades...

Os alumnos elixiron personaxes tan dispares como Agatha Cristie, Lionel Messi, Shakira ou Cervantes entre outros.
Bo traballo rapaces!


jueves, 26 de abril de 2012

AS FLORES DO DEBER

Coa primavera chegaron "As flores do deber" á aula de PROA. En cada un dos pétalos destas flores, os alumnos escribiron unha frase sobre o que se debe e o que non se debe facer tanto na escola como nas súas casas. Agora, a cumprilas rapaces!






martes, 13 de marzo de 2012

8 de marzo, Día Internacional da Muller

Co motivo de conmemorar o Día Internacional da Muller, os alumnos de PROA realizaron este traballo. Botaron man das técnicas de estudo que xa aprenderan, para buscar información en Internet sobre unha muller importante para a Historia, seleccionaron a información e fixeron un pequeno resumo sobre a súa vida. Este é o resultado!

Para poder ler ben os textos abride a pantalla completa e achegádeos coa lupa.

domingo, 11 de marzo de 2012

Agora tamén escritores!

Despois de recomendar as súas lecturas favoritas, esta vez os alumnos convertéronse eles mesmos en escritores. Aquí están os seus primeiros relatos curtos. Esperamos que vos gusten e prometemos mellorar ao longo do curso!

Para poder ler ben os textos abride a pantalla completa e achegádeos coa lupa.

miércoles, 29 de febrero de 2012

APETÉCEVOS LER?

Os alumnos de PROA están aprendendo a importancia da lectura, por iso traballaron sobre os seus libros favoritos. Aquí tedes as súas recomendacións, non o dubidedes, animarvos e lede!

Para poder ler ben os textos abride a pantalla completa e achegádeos coa lupa.

jueves, 23 de febrero de 2012

A ÁRBORE QUE NON TIÑA FOLLAS

Axudémonos os uns aos outros, poñamos da nosa parte e así todos seremos un pouco máis felices.


Pronto traballaremos este conto cos alumnos de 3º e 4º, estade atentos!

EDUCACIÓN EN VALORES

Porque todos somos iguais estas dúas historias achégannos un pouco á realidade, á diversidade que compartimos cada día; porque dá igual a cor, raza, relixión ou patoloxía que calquera poida ter. Como nos di Elmer: Para ser feliz non hai que ser igual!

O CAZO DE LORENZO



ELMER, O ELEFANTE DAS MIL CORES



POR CATRO ESQUINIÑAS DE NADA

Ás veces a solución é máis doada do que parece, témola ao alcance da nosa man. Non pretendamos cambiar ás persoas, intentemos adaptarnos, busquemos a mellor solución!



O ELEFANTE ENCADEADO

Conto de Jorge Bucay que nos axuda a confiar en nós mesmos, porque se queremos acadar algo temos que intentalo as veces que faga falta ata conseguilo. Non nos rendamos, todos... podemos!

GÚSTAME LER

Déixate levar pola lectura, soña, imaxina, pensa... le!



BOOK

Con un pouco de humor. Porque neste mundo de tecnoloxías tamén temos espacio para eses grandes amigos: OS LIBROS.

miércoles, 15 de febrero de 2012

DIVERTÍMONOS APRENDENDO

Nas clases do Plan PROA tamén temos tempo para divertirnos, pero sempre aprendendo! Para elo, cando temos ocasión, empregamos os medios tecnolóxicos cos que contamos para practicar e ampliar os nosos coñecementos dun xeito moito máis ameno e divertido! Aquí tedes a proba!

Lúa, Sheila e David practicando exercicios cos números decimais no ordenador.



Jorge e Hugo traballando no ordenador con exercicios de Lingua Castelá.


Alumnos de 5º e 6º empregando a pizarra dixital para practicar o cálculo mental e xogar ao parchís ortográfico.

viernes, 10 de febrero de 2012

PRESENTÁMONOS

Aínda que tardamos un pouco, aquí está o prometido! Estes son os alumnos que participan no PROA:
En primeiro lugar os alumnos de 3º e 4º de Primaria que asisten ás clases os luns e mércores con moitas ganas en un gran sorriso!





E agora os alumnos de 5º e 6º de Primaria, que participan nas clases do PROA os martes e xoves e que, aínda que marean un pouco á mestra, sempre conseguen facela rir!


miércoles, 25 de enero de 2012

BENVIDOS AO BLOG DO PLAN PROA

Esta semana comezaron no noso colexio as clases do Plan PROA. Nestas clases, ademais de aprender e mellorar moito, os alumnos utilizarán este Blog para ternos ao día de todos os traballos e actividades que realicen.

Pronto coñeceremos aos alumnos que participan neste programa . . . estade atentos!